top of page

HISTORIA COMPLETA DA BANDA

A Banda de Gaitas de Paramos nace en maio de 2007 no Centro Cultural Laxes, bajo a dirección de José Manuel Caballero Fernández como profesor de gaita ­e percusión. Neste momento comeza a formar a músicos, algúns con coñecementos musicais pero a gran maioría sen contacto previo coa música. 

​

​

 

​

​

​

 

 

 

A primeira actuación da banda foi en decembro de 2008, máis concretamente no “Festival de Nadal” da asociación. A esta actuación seguiranlle actuacións en Galicia, Asturias, Cantabria, Zamora, Portugal, Alemaña, Barcelona, Madrid, Tarragona, etc. Como podemos ver, a súa historia ao longo destes anos de vida componse de actuaciones tanto a nivel nacional como internacional.

​

No ano 2013, ano no que se incorpora Sergio Caballero Fernández como profesor de percusión, a banda viaxa a Versmold (Alemania), con motivo do festival “European is dancing in Versmold”, compartindo escenario con grupos de Serbia, Polonia, Portugal e Alemaña.

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

 

Outro acontecemento destacado foi o primeiro premio conseguido no ano 2017 na XXVI Liga de Bandas de Gaitas.

​

Entre os anos 2015 e 2019 organiza o Encontro de Bandas de Gaitas “Cidade de Tui”, no que participaron prestixiosas bandas de distintos puntos da Península Ibérica: B.G. Villa de Xixón, B.G. Sons de la Cossetania, B.G. As Portelas, B.G. de Villaviciosa, etc.

 

O acontecemento máis recente e, ata o momento, o máis importante, é a viaxe no ano 2022 á cidade de Nova York, invitados polo Celtiberian Heritage – New York para participar no Saint Patrick´s Day Parade; viaxe na que tamén se realizaron concertos no Centro Español en Queens, Casa de Galicia en Queens, desfile en New Jersey, etc.

​

​

​

​

​

​

​

​

​

Na actualidade, dita agrupación está formada por máis de 50 compoñentes, e conta ademais cunha canteira de alumnado de todas as idades, que reciben clases de linguaxe musical, gaita e percusión tradicional.

 

Como xa mencionamos, a Banda de Gaitas de Paramos, busca manter a tradición musical de Galicia tocando pezas tradicionais galegas, pero ademais dentro do seu repertorio tamén inclúe temas de distintos estilos musicais e, por proximidade, temas tradicionais portugueses; aportando pequenos trazos de modernidade, grazas á incorporación de instrumentos non habituais neste tipo de formacións. 

​

Poñemos fin a esta breve historia mencionando que son habituais as actuacións no país veciño (Portugal) e en outros puntos da Península Ibérica como: Asturias, Cantabria, Zamora, Madrid, Tarragona, etc. Ademais, claramente, de en calquera lugar da nosa Comunidade Autónoma.

© 2023 Creado por BGParamos con Wix.com

bottom of page